QUEMPALLOU, TANTO NOS TEN E A REQUINTA DA LAXEIRA SALA CAPITOL - SANTIAGO DE COMPOSTELA - 04/05/2010
A Compostelana Sala Capitol acollera o vindeiro martes 4 de maio un concerto de música galega que nos achega a tres dos mellores grupos de música tradicional do momento. Polo escenario, e a partires das 21h pasarán, en primeiro lugar, os recentemente gañadores do concurso de cantos de taberna que se celebrou en Melide o pasado 24 de Abril. Estamos a falar de A Requinta da Laxeira, quen tamén nos presentan o seu primeiro traballo discográfico “Vai de Baranda”. Logo será o momento do que foi grupo revelación o pasado ano no eido da música tradicional; Tanto nos Ten (TNT). E para pechar a noite subirán ás táboas os membros do grupo Quempallou, que seguen “Polo aire” co seu último traballo de homónimo título.
Unha noite que promete moita festa, e ben podería valer como primeiro contacto coa tempada de festivais, que como cada ano, se levan a cabo pola nosa xeografía nos meses de verán.
As entradas para o concerto xa están á venda nos locais de Santiago:
O Calpe, Casa das Crechas, Discos Gong e A Reixa. O prezo de venda anticipada é de 8 €, e de 10€ en taquilla.

No hay comentarios:
Publicar un comentario