‘Magic of the dance’ aterra no escenario do Teatro Colón Caixa Galicia o vindeiro venres, día 16 de abril, para amosar o seu espectáculo, unha alternativa ao baile irlandés en clave de Tap Dance, coreografiado polo oito veces campión do mundo, John Carey.
‘Magic of the Dance’ narra unha historia de amor no marco dunha Irlanda devastada pola fame, onde o ben e o mal se enfrontan, mesturándose a traxedia, a maxia e o romance. ‘Magic of the dance’ caracterízano os profesionais do xénero como o máis rápido, e técnico baile irlandés.
A formación está composta por campións de baile irlandés así como figuras de Tap moderno americano. Un dos momentos máis destacables do espectáculo é cando se entrelaza o Tap Dance tradicional irlandés co estilo americano, chegando a saír chispas dos característicos zapatos dos bailaríns.

Durante os últimos dez anos, ‘Magic of the dance’ estivo de xira por todo o mundo, realizando unhas 2.500 funcións en cidades como París, Londres, Dublín, Viena, Barcelona, Oslo, Río de Xaneiro e Berlín entre outras. No seu 10º aniversario, o espectáculo reelaborouse cunha nova coreografía, traxes e efectos especiais, achegando diferentes matices ao público.
No hay comentarios:
Publicar un comentario