O Teatro Salesianos acollerá tamén o 24 de xaneiro o concerto acústico da cantante Concha Buika
As entradas para os dous concertos á venda na web www.caixagalicia.es e no teléfono 902434443
A Fundación Caixa Galicia patrocina o concerto acústico que o vindeiro 21 de febreiro, ás 20.30 horas, ofrecerá a artista israelí Noa no Teatro Salesianos de Vigo.
As entradas para asistir a este recital, no que Noa estará acompañada por un cuarteto acústico, poden adquirirse no Despacho de Billetes de Caixa Galicia (www.caixagalicia.es) ou no teléfono 901 434443 au prezo de 25 euros.
No seu último disco, Genes&Jeans, Noa resume as súas experiencias artísticas, persoais e vitais. Neste álbum están as raíces iemenís de Noa e a súa educación familiar nesa cultura, o seu paso polos Estados Unidos e a súa vida presente en Israel.
Achinoam Nini, Noa, é a máis destacada artista israelí, tanto polos seus concertos como polas súas gravacións discográficas. Nacida en Tel-Aviv en 1969, viviu en Nova York dende os dous anos ata que regresou a Israel aos 17.
Noa estudou música no Rimon School, onde coñeceu o seu compañeiro e colaborador Gil Dor. Xuntos escribiron e realizaron catro álbums de enorme éxito en Israel e outros catro álbums internacionais, Calling, Blue Touches Blue, Now e Genes & Jeans.
As maiores influencias de Noa veñen de cantautores dos anos 60 como Paul Simon, Joni Mitchell ou Leonard Cohen. En 1990 foi galardoada co Crystal Award polo World Economic Forum en Davos (Suíza), onde actuou en diversas ocasións xunto a artistas palestinos, e onde participou en numerosos encontros relacionados coa paz en Oriente Medio e co papel da arte e dos artistas no seu favor.
Tamén a convidaron a cantar en Oslo con motivo do aniversario do acordo de paz asinado naquela cidade, nunha actuación que contaba coa presenza entre o público de Bill Clinton, Ehud Barak, Yasser Arafat e o Rei de Noruega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario