
VENRES 29 AGOSTO. 0.30h
Torre Lucía, Plasencia – Cáceres
FESTIVAL INTERNACIONAL DE FOLK
Está consolidado coma o referente musical e cultural con máis proxección de Estremadura, ademais de coma o máis veterano desta caste de recitais. Este ano, o Festival Internacional de Folk de Plasencia acollerá un concerto do galego Xosé Manuel Budiño. O gaiteiro de Moaña, que presenta o seu álbum Home (falcatruada 07) en sociedade polo sur da península, tocará na Torre Lucía da localidade pacense dende as 00:30 horas.
Despois do Festival de Plasencia, Xosé Manuel Budiño irá enchendo as malas para sair de viaxe coa súa xira internacional: haberá unha primeira parada na feira internacional de música Womex, para continuar, nos meses de novembro e decembro, por Inglaterra e África.
No hay comentarios:
Publicar un comentario